Son do Mar dinamizará o verán grovense con Manu Chao xa confirmado

▶ Este novidoso festival aglutinará diferentes eventos coma o Sachaso Rock, o festival Ellas ou varios monólogos na cala Raeiros
O cantautor Manu Chao actuará no Sachaso Rock 2024. ARQUIVO
photo_camera O cantautor Manu Chao actuará no Sachaso Rock 2024. ARQUIVO

Son do Mar, un novo festival conceptual, dinamizará O Grove este verán da man dos seus promotores, Nacho Escalante e Virvi Fraga, que se xuntan para levar música, monólogos e diferentes espectáculos á cala Raeiros (A Lanzada) entre os meses de xuño e setembro.

A cita aglutinará diferentes eventos xa organizados en anteriores ocasións coma o Sachaso Rock, e incorporará outras novas coma o festival Ellas. En total, serán 12 eventos, que comezarán o 22 de xuño, e entre os que a V edición do Sachaso Rock xa confirmou a actuación do artista Manu Chao que, para a organización, "supón un soño feito realidade despois de 10 anos intentando que estivera con nós". As entradas saen á venda este mesmo sábado 23, ás 11.00, a través das redes da organización e de entradium.com.

Tamén se celebrará o Lejonsiño Rock, con bandas locais e emerxentes, que promete un cabeza de cartel de relevancia a nivel galego que se dará a coñecer próximamente, así como o novidoso festival Ellas, con máis de sete horas de música e cinco das cantautoras máis relevantes do país. Ademais, programaranse monólogos con participantes ‘top’ do panorama nacional e a organización terá en conta ás bandas locais, nun evento que aposta pola sostibilidade, e que conta con apoio institucional.