O Partido Popular do Grove critica o "mal estado" de San Vicente do Mar

A situación deste banco de pedra, xunto a un contedor, é unha das críticas do PP. DS
O grupo político encabezado por Pablo Leiva trasladou o seu malestar coa situación actual da parroquia do Concello

O Partido Popular do Grove volveu a mostrar este domingo o seu malestar co goberno de José Antonio Cacabelos. O grupo encabezado por Pablo Leiva lamentou "o lamentable estado no que se atopa San Vicente do Mar, tanto no mantemento de zonas verdes, como das beirarrúas, iluminación ou estado dos contedores".

Desde a oposición afirman que isto "está a prexudicar gravemente a imaxe do Grove entre os turistas que visitan o municipio" e quixeron resaltar os esforzos que fan os hostaleiros para "coidar a via publica próxima aos seus negocios".