O Partido Galego presenta á súa nova agrupación no Grove, de "vital importancia"

No acto, o coordinador xeral, Suso Ares, deu conta do traballo estratéxico na implantación territorial
O acto de presentación. DS
photo_camera O acto de presentación. DS

O Partido Galego (PG) vén de presentar á súa nova agrupación no Grove, nun acto no que o coordinador xeral, Suso Ares, deu conta do traballo estratéxico na implantación territorial. "Estamos con un traballo de contactos en arredor de 200 concellos, e é de vital importancia estratéxica a nova Agrupación de O Grove, tanto polas persoas que a compoñen coa súa traxectoria política como experiencia persoal" dixo.

Durante o acto interviron tamén outros responsables do partido, coma o voceiro da Executiva, César Pazos, ou o secretario local, Alfonso Padín, que deron conta das propostas e retos e da situación do partido noutros puntos da provincia onde tamén botou a andar.