O fundador de Urovesa, José Sierra, premio Empresario Galego do Ano

Lorenzana fíxolle entrega do galardón no marco da xornada 'O Encontro 2023' en A Toxa
lorenzana
photo_camera María Jesús Lorenzana xunto a José Sierra, fundador de Urovesa e premiado como 'Empresario Galego do Ano'. DS

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, entregou este xoves o premio Empresario Galego do Ano a José Sierra, fundador de Urovesa, de quen destacou o seu legado á fronte dunha empresa que consolidou como un referente no seu sector tras máis de 40 anos.

No marco da xornada O Encontro 2023, organizada por Cesuga (Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia), a conselleira de Economía, Industria e Innovación salientou que Urovesa é unha empresa que ten como constantes a necesaria evolución e a excelencia no traballo, por iso aposta por investir en I+D+i e en tecnoloxías punteiras que parten da intelixencia artificial para mellorar os produtos e os procesos de fabricación.

Lorenzana puxo en valor a cultura e os principios exclusivos das empresas familiares, que xeran identidade e pertenza a un proxecto común e que superan o individual primando o colectivo para seguir construíndo legado.