O Grove contratará a 18 persoas desempregadas a través do Plan +Provincia

Os contratos das persoas contratadas terán unha duración de 6 meses a xornada completa
Concello de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Concello de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Deputación de Pontevedra ven de concederlle ao Concello do Grove unha subvención de 174.608,15 euros a través do Plan +Provincia para a activación do emprego. Trátase dunha axuda que será destinada para a contratación de 18 persoas desempregadas inscritas no Servicio Público de Emprego de Galicia (SEPE).

As persoas contratadas reforzarán os servizos municipais para execución de diversas obras e servizos de recuperación de zonas degradas, traballos limpeza, mobiliario urbano, mellora no servizos administrativos e culturais, tanto na zona urbana como rural. O obxectivo é ter preparados os recursos municipais para o verán nun concello turístico como é O Grove.

As 18 persoas corresponden a 5 peóns de obras públicas, 3 peóns de limpeza, 2 peóns de xardinería, 2 condutores de camión, 4 auxiliares administrativos, 1 animador sociocultural e 1 axudante de museo. Todos os contratos terán unha duración de 6 meses a xornada completa.

As ofertas tramitaranse a través da oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.