O escritor Álex Alonso gañá a XXIX Edición do Premio de novela curta 'Manuel Lueiro Rey'

O autor recibiu o premio de 3.000 euros e a publicación da súa obra na editorial Xerais de Galicia
Alex Alonso. CONCELLO
photo_camera Alex Alonso. CONCELLO

O escritor e tradutor galego Alexandre Alonso Alonso, máis coñecido como Álex Alonso, ven de ganar a XXIX Edición do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey. O Premio é un recoñecemento literario convocado polo Concello do Grove dende 1992 e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra co obxectivo da convocatoria é honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, contribuír na promoción da escrita en galego e na divulgación dos seus autores. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións Xerais de Galicia. 

O xurado do premio composto por Armando Requeixo Cuba, Ánxela Gracián, Carmen Ferreira Boo, Héctor Cajaraville Araujo e Lionel Rexes Martínez (gañador da anterior edición) reuníuse a semana pasada para ditaminar este XXIX Premio.

Despois de deliberar o xurado, por unanimidade, acordou declarar como gañadora da presente edición a novela presentada baixo o título a concurso O estranxeiro co lema Plastidecor.
Acto seguido procedeuse a apertura da plica da novela premiada. O autor da obra gañadora resultou ser Alexandre Alonso Alonso.