Emgrobes impulsa a economía local do Grove en Fitur

A Asociación de empresarios considera de gran importancia asistir á feira internacional ao ser o turismo o motor do municipio meco
Representantes de Emgrobes xunto a Nava Castro en Fitur. DS
photo_camera Representantes de Emgrobes xunto a Nava Castro en Fitur. DS

Emgrobes esta presente na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid representado por membros do sector turístico da asociación, encabezados pola vicepresidenta primeira de Emgrobes, Esperanza Sanmartín Figueiro, á que acompañou nalgúns actos o vocal de turismo, Óscar Álvarez. Ambos quixeron estar presentes nas principais acción de Turismo de Galicia, o Cluster de turismo, a Deputación de Pontevedra e este xoves tamén estarán da acompañando a Mancomunidade do Salnés e ó Concello de O Grove ó que acude o su alcalde, José Cacabelos co que Emgrobes mantivo unha reunión previa para confirmar a asistencia. Todo isto para poder defender os intereses do sector, da economía da vila meca e O Grove en xeral, promocionala como destino preferente e presumir da "maravillosa gastronomía da que O Grove dispón".

Emgrobes acudiu a esta cita tendo en conta que a auga é a principal protagonista do lema defendido por Galicia e as súas administración, "e que mellor representación da auga que a propia península de O Grove, onde ademáis de estar rodeados de auga e de maravillosas praias, dispoñemos na Illa de A Toxa de augas termais con balnearios e Talasos", explican dende a asociación.

Con esta premisa, a asociación continuará ata o venres promocionando a vila, mantendo contacto con profesionais do sector, e acompañando tamén a empresarios locais e ó propio concello de O Grove para xuntos seguir impulsado un turismo de calidade nun lugar privilexiado. E sobre todo destacando a importancia "da desestacionalización a través da Festa do Marisco e a Festa da centola de O Grove que tanto axudan a que continúen acudindo a O Grove numerosos visitantes fora do período estival".