As primeiras uvas da D.O. Rías Baixas, máis "torradas", pero prometedoras

Cos datos do primeiro día de recolección na bodega Mar de Frades estímase que se poderían acadar as cifras vaticinadas polo Consello Regulador, de preto de 41 millóns de quilos
Primer día de vendimia en la bodega Mar de Frades. ANXO LORENZO
photo_camera Primer día de vendimia en la bodega Mar de Frades. ANXO LORENZO

Mar de Frades converteuse onte na primeira adega de Rías Baixas en iniciar a vendima e a primeira tamén en comprobar os efectos da seca no froito recolectado, así como as dificultades ou ausencia delas para dar con man de obra coa que abordar este proceso.

Persoas de todas as idades xúntanse nas zonas de viñedo para a recollida -tanto de forma familiar como privada- nunha idiosincrática costume galega á que tamén lle afectan cuestións relativas á escaseza de man de obra que hai noutros sectores. No caso da Bodega Mar de Frades, no Salnés inician o proceso con calma, sen dificultades e coa vista posta nos resultados positivos que esperan obter este ano. "A xente non para de pedir caixas e iso é un dato positivo, quere decir que se está a recoller moita uva. De feito, pensamos que este ano pódese cumprir a previsión do Consello Regulador o cal di que teremos uns 41 millóns de quilos", comenta a directora da Bodega Mar de Frades, Paula Fandiño ademais de indicar que as uvas deste ano van ter un aroma específico debido á cor amarela polo calor deste verán.

Decidimos que aqueles viticultores que teñan as parcelas máis maduras empecen o antes posible

"É certo que hai uvas que saíron moi maduras, pero máis que maduras é que o azucre que conteñen: van ter 12,56º de gradación e nun viño albariño esta ben", prosigue Fandiño, quen admite que a preocupación dos viticultores ante os efectos do exceso de bo tempo e da ausencia de chuvias é real, pero que, unha vez que se analizan as mostras do mosto, esta vai transformándose en un sentemento máis positivo.

Paula Fandiño, directora de Mar de Frades. ANXO LORENZO
Paula Fandiño, directora de Mar de Frades. ANXO LORENZO

De feito, debido ás dificultades meteorolóxicas os profesionais deste sector estudan día a día como proceder mellor para acadar os mellores resultados. No caso de Mar de Frades, "decidimos que os viticultores que teñan as parcelas máis maduras vendimen o antes posible", xa que "é relevante tanto evitar que sequen as uvas polo calor como que as chuvias, que se vaticiñan para o próximo domingo, provoquen a batritis na producción". "Estamos apurando o máximo posible e esperamos que o sábado sexa o día máis forte".

CUESTIÓN DE CARTOS. Debido aos diferentes condicionantes socioeconómicos, durante "os días previos á vendima os viticultores xa teñen pactado a suba importante de prezos e iso reflexaráse no prezo do viño", indica Fandiño.

A inflación tamén se fixo notar nos recolectores que participan este ano. Moitos deles son estudantes universitarios que procuran gañar diñeiro para aforrar para o curso que está a piques de comezar. "A min o que fundamentalmente me motiva son os cartos", indica Abel Márquez, quen antes de voltar as clases de Enxeñeria Industrial, se animou por primeira vez nesta tarefa, por consello duns amigos.

Parte dos participantes na primeira vendima das Rías Baixas son estudantes en busca de aumentar os fondos de cara a este curso

Tamén é o caso de Jacobo González (ou Cobito), que estuda realización audiovisual xunto con Mateo Laya. "Este ano a maioría somos grupos de xente nova e estamos aquí porque precisamos os cartos", indica Jacobo. "Este foi o primeiro día desta tanda, pero xa comezamos a semana pasada e continuaremos ata este sábado", explica o futuro realizador que aínda non sabe se poderá continuar as vindeiras semanas este labor, posto que estos traballos están organizados por empresas de traballo temporal.

Na súa mesma situación está Leticia García Fernández. Esta excamareira agora espera acadar diñeiro para rematar o verán o mellor posible. "Ao final é outro traballo máis", comenta dicindo que era a segunda vez que se incorporaba á vendima e antes de seguir apurando a tarefa.

Sobre a seca: A uva deste ano poderlle sabor propio á colleita
A cor da uva afecta á gradación, aroma e sabor do futuro viño. Así o explicou a responsable de Mar de Frades. A seca deste verán fixo que o sector temera o peor coa futura producción da uva. Coas primeiras recollidas, estase a comprobar que, posiblemente, debido a que a uva está notoriamente "máis torrada", o que vai provocar que o aroma e sabor teña unha cor propia no 2022 facendo que sexa unha boa adquisión para ter nos fogares. Porén, como indica Paula Fandiño haberá aínda que esperar a que remate a recolección e as probas para coñecer máis do sabor e aroma do 2022..