O PP de Meis lamenta que o incremento da taxa do lixo pola "mala xestión" do Goberno

Marta Lucio indicou que é "intolerable" que os veciños teñan que asumir cos seus cartos o coste adicional que supón a recollida de lixo 
Marta Lucio na reunión mantida co Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña. CEDIDA
photo_camera Marta Lucio durante unha reunión mantida co Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña. CEDIDA

O Grupo Municipal do Partido Popular de Meis indicou que debido á mala e nefasta xestión do goberno de Marta Giráldez, os veciños teñen que asumir o incremento da taxa de recollida de lixo, despois de que unha resolución xudicial anulase a adhesión de Meis ao contrato de lixo da Mancomunidade do Salnés.

A líder dos populares en Meis, Marta Lucio, lembrou que o Xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra anulou este mesmo ano o acordo polo que a  Mancomunidade do Salnés aprobara a modificación do contrato de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos para a integración do Concello de Meis, por tratarse dunha modificación das prestacións do contrato ao non licitarse publicamente coas condicións ofrecidas pola empresa encargada da recollida de lixo.

Unha vez anulado este acordo, os veciños teñen que asumir o coste adicional que supón este servizo, xa que o concello ten que pagar 400.000€ a maiores pola "ineficacia da xestión da alcaldesa e do seu equipo de goberno e que agora tentan que vaia aos petos dos veciños e veciñas".

“É completamente intolerable que isto ocorra no noso concello, non podemos ter que pagar as consecuencias da mala xestión da alcaldesa cos nosos cartos, e os nosos veciños non se merecen isto, ter que poñer dos seus cartos para que o concello poidan pagar a recollida de lixo, xa que as arcas municipais moito me temo que están baleiras”, rematou a portavoz popular.