Elisa Rubí: "Hai que demostrar o que un vale"

Emprendemento feminino ▶ Elisa Rubí é un exemplo de innovación e negocio. Ademais de profesora da USC e nai, foi quen de conciliar isto con outra das súas paixóns: controlar a calidade e organizar as adegas de Terra de Asorei nun novo modelo competitivo que aposta pola sostibilidade, o ecoloxismo e a tradición do Salnés
Elisa Rubí diante da adega Terras de Asorei/ D.FREIRE
photo_camera Elisa Rubí diante da adega Terras de Asorei/ D.FREIRE

Elisa Rubí participou no foro de feminismo María Vinyals organizado pola Deputación de Pontevedra deste ano. Ela, converteuse nunha das iconas do emprendemento feminino e innovación no sector primario por apostar pola tradición, calidade e sostenibilidade no sector do viño. Isto é a adega de Terras de Asorei: "Síntome rara cando me din que son exemplo. Pero se podo inspirar a outras mulleres é perfecto". A científica, veu de Mallorca no ano 87. Farmaceutica e profesora na USC, combina a súa rutina e familia, coa organización dos controis de calidade da adega. Terras de Asorei conta 60 hectáreas ubicadas en Meis grazas a unión de pequenas adegas familiares na crise do 2008. Elisa é unha parte importante desta sociedade que procura "ser o sabor de O Salnés". A emprendedora da proposta vitivinícola relata que a idea nacera cando ela e seu marido estaban na universidade e planeaban un futuro xuntos. "Sempre tivemos en mente producir viño". Grazas ás terras que comprara o pai do seu marido, vendendo os barcos cos que traballaba, puideron comezar coas primeiras produccións. Delas, a máis destacada foi o viño ‘Vento Mareiro’ que aínda hoxe, o siguen producindo. "Eu dende o ano 87 estiven sempre implicada no proceso".

Mostra dos viños que ten a adega/ D.FREIRE
Mostra dos viños que ten a adega/ D.FREIRE

Todo foi ben ata que a crise do 2008 provocou unha situación delicada para as familias que producían viño nos arredores. Porén a salvación de todas elas foi crear unha sociedade a que lle poñerían como nome ‘Terras de Asorei’ coa que e crear un proxecto común onde a principal estratexia foi a de exportar ao estranxeiro o produto galego traendo unha proposta familiar e cercana coa tradición de O Salnés. "Recuperamos ata o viño Espadeiro, que xa se estaba perdendo en Galicia", relata a emprendendedora. Cabe destacar que esta sociedade chegou a 22 países e agora teñen por obxectivo ser coñecidos en Galicia. "A nosa idea é ir propagándonos, que a xente nos coñeza, que veña aquí a degustar do entorno e o viño", conta Elisa

Zona de viñas onde se pode ver o novo almacén e a adega/ D.FREIRE
Zona de viñas onde se pode ver o novo almacén e a adega/ D.FREIRE

DIFICULTADES. "Cando empecei na adega familiar a xente non me daba credibilidade por ser, sobre todo de fóra", conta Elisa. Para esta muller de ciencia "todo é demostrable" e atopou solución a todos os seus problemas dándolle a cara e mostrando o que sabía facer. "Hai que demsotrar o que un vale e, a unha muller, por moito que queiran poñerlle as cousas difíciles, se traballa e demostra o que pode aportar, pode conseguir todo igual que un home".

CONCILIACIÓN. Non foi sempre fácil manter todo a flote. "Xestionar unha familiar foi posible xa que tíñamos a alguén para facerse cargo das miñas fillas, pero elas tiveron que aprender que os seus pais non sempre podían estar con elas", relata a profesora de calidade na USC. Para a empresaria sempre existiron dificultades, pero "si se quere se pode", explica relatando a súa propia experiencia: "Ao principio todo ía ben ata que coordinar ás fillas, a universidade e a adega fíxose algo máis complicado", conta Rubi. 

Logo, a partir da readaptación do concepto de negocio foi posible a conciliación entre todos os quefaceres que tiñan. Dito modelo era a unión entre diferentes adegas da zona que estaban nunha complicada situación debido á crise do 2008. "Démoslle unha perspectiva diferente para ser máis competitivos e exportar ao estranxeiro", conta Elisa ao tempo que ensina o novo almacén sostible con táboas de madeira. A adega de Asorei, quere ser unha proposta "punki" e "diferente", pero respetando a tradición da zona. "O que máis nos importa é ser sostibles e demostrar a ser efectivos na calidade dos nosos produtos", explica a emprendedora. 

MAN DE OBRA. Dalgo do que están orgullosos nesta adega é de poder contratar á xente . Para Elisa Rubí o sector vitivinícola é un lugar onde se precisa moita man de obra. Porén, na súa opinión, é unha das profesións nas que a xuventude menos se anima a formarse, especialmente, no caso das mulleres. "Sempre escoitas falar de enólogas eu técnicas de campo, pero nunca referido a profesións que teñan que ver co campo e non o entendo", explica. 
 
UNIVERSIDADE E VIÑOS. Outra das prioridades desta muller multitarefa é o de poder combinar a formación universitaria de control de calidade con prácticas neste sector. "O control de calidade non se fai sobre o papel. Precisase estar no medio, na acción dos feitos", indica falando da súa enteira implicación para conseguir convenios nos diferentes centros de formación galega para ser un lugar onde se poida aprender sobre o oficio.