O Concello pechará o punto limpio o día 25 por mor do Rallye de Pontevedra
21 de junio de 2022 (14:59 h.)
A proba pasará pola localidade o próximo sábado nun percorrido que tamén visitará Cercedo-Cotobade e Campolameiro-Moaña
O Concello de Meaño informou que con motivo do desenvolvemento do IV Rallye de Pontevedra, que se celebrará os días 24 a 26 de xuño, o Punto Limpio municipal permanecerá pechado o próximo sábado 25 de xuño.
O sábado disputarase o groso da proba nun percorrido a triple pasada entre Meaño, Cercedo-Cotobade e Campolameiro-Moaña, motivo polo a veciñanza non poderá acceder ao servizo de Punto Limpio da localidade