O Concello de Meaño informou que con motivo do desenvolvemento do IV Rallye de Pontevedra, que se celebrará os días 24 a 26 de xuño, o Punto Limpio municipal permanecerá pechado o próximo sábado 25 de xuño.
O sábado disputarase o groso da proba nun percorrido a triple pasada entre Meaño, Cercedo-Cotobade e Campolameiro-Moaña, motivo polo a veciñanza non poderá acceder ao servizo de Punto Limpio da localidade