O IES de Meaño acollerá un obradoiro sobre prevención da Violencia de Xénero

As instalacións do IES de Meaño acollerán este obradoiro. DS
Iniciou este martes 11 de abril nunha actividade enfocada aos alumnos de 3º e 4º curso do centro educativo

O Concello de Meaño organiza un Obradoiro Afectivo-Sexual e Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero no IES de Meaño. Dito obradoiro está subvencionado polo Pacto de Estado e o Ministerio de Igualdad.

O obradoiro deu comezo este martes 11 de abril e rematará o 28 de abril, e está dirixidos aos alumnos de 3º A, 3º B, 4º A e 4º B do IES de Meaño. A cada curso se lle impartirán tres sesións de 50 minutos de duración. O obradoiro terá dúas partes: unha Afectivo-Sexual co titulo Empoderamento afectivo: Descubrindo o noso verdadeiro eu nas relación, e unha segunda de prevención da Violencia de Xénero co titulo (Des) Aprendendo: Amor libre de violencia.

Os obxectivos xerais deste proxecto e o de fomentar a confianza e a autoestima no proceso de toma de decisións nas relacións afectivas e sexuais; promover a empatía e a empatía nas relacións afectivas e sexuais a través da sensibilización e a comprensión das diferenzas culturais e de xénero; fomentar a comprensión e o ríspeto dos dereitos sexuais e reprodutivos; explicar os efectos negativos da pornografía nas relacións de parella e na propia sexualidade e promover unha cultura de consentimento e bo trato nas relación afectivas e sexuais.