A Xunta subvenciona máis de 230.000 euros para instalacións deportivas no Salnés e Ullán

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou na mañá deste venres o Campo de Fútbol de A Senra en Ribadumia, onde grazas a estas axudas se realizará unha mellora das instalacións ▶ Os concellos de Meis e Vilanova de Arousa tamén se beneficiarán desta subvención
Agustín Reguera, David Castro e Daniel Benavides durante a súa visita ao Campo de Fútbol de A Senra en Ribadumia. DS
photo_camera Agustín Reguera, David Castro e Daniel Benavides durante a súa visita ao Campo de Fútbol de A Senra en Ribadumia. DS

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acudiu esta mañá ao Campo de Fútbol a Senra en Ribadumia, onde a Xunta investirá 59.500, dos máis de 230.000 euros que percibirán os concellos da comarca do Salnés e Ullán para mellorar as súas instalacións deportivas e adquirir material. Alí, xunto ao alcalde de Ribadumia, David Castro, e ao delegado de deportes da Xunta, Daniel Benavides, Reguera lembrou a necesidade investir en promoción do deporte, “especialmente entre os máis novos”. 

Pola súa banda o alcalde quixo resaltar os esforzos que fai o equipo municipal para colaborar con todas as institucións e que Ribadumia siga sendo un referente canto á xestión deportiva. 

Estas subvencións serán pagadas en dúas quendas, unha durante este ano 2023 e a outra durante o próximo 2024. As axudas, que responden ás necesidades particulares de cada proxecto, poderán cubrir ata o 80% do custo da iniciativa, sendo que prezo restante deberá ser asumido polo concello.