Vilagarcía acollerá o Campionato de España de kenpo en novembro

Celebrarase no pavillón de Fexdega os días 10 e 11
Presentación da proba, onte en Vilagarcía. DS
photo_camera Presentación da proba, onte en Vilagarcía. DS

Vilagarcía prepárase para unha nova cita deportiva. Nesta ocasión trátase do Campionato de España de Kenpo, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro no recinto feiral Fexdega. Co Klub Kenpo Vilagarcía como anfitrión e coa colaboración da Fundación Municipal de Deportes e da Federación de Karate e de Kenpo Galego, a capital arousá recibirá aos mellores deportistas do territorio nacional nesta disciplina, moitos dos que pertencen ao club vilagarciá, que destaca polo seu impresionant e palmarés.

Co obxectivo de comezar cos preparativos desta gran cita deportiva, os membros do comité organizador visitaron esta semana as instalacións de Fexdega. O concelleiro de Deportes, Carlos Coira, e o director de actividades deportivas da Fundación, Diego Doval, acompañaron ao presidente da Federación Galega de Karate y DA, Óscar Lafuente, ao director de Organización de DNK, Raúl Méndez, e ao responsable do Kenpo Galego e presidente do club vilagarcián, Mario Hermo, no percorrido polo pavillón para amosarlle as infraestruturas e coordinar as labores organizativas.

Pese a ser un deporte relativamente novo en Vilagarcía, o Kenpo conta cunha excelente base de deportistas que, en moi pouco tempo, converteron á cidade en todo un referente nesta disciplina. De feito, o club local conta no seu haber con campións nacionais e ata mundiais, como Pedro Muñoz Fole, que subiu cinco veces ao má ;is alto do podio do Campionato do Mundo, ou Ricardo Ramos, que tamén conta cun ouro, sen contar a longa lista de éxitos nas categorías inferiores e por equipos.