A Praza da Peixería acolle o XXIX Memorial Adolfo Pedrido de xadrez

O evento, que contará cunha proba do Circuíto Galego de Promoción e outra do Open Absoluto, celebrarase durante toda a xornada do sábado 23 de setembro
Presentación do XXIX Memorial Adolfo Pedrido de xadrez. ANZO LORENZO
photo_camera Presentación do XXIX Memorial Adolfo Pedrido de xadrez. ANZO LORENZO

O vindeiro sábado, 23 de setembro, a Praza da Peixería de Vilagarcía acollerá o XXIX Memorial Adolfo Pedrido. Organizado polo Club Xadrez Fontecarmoa, en colaboración coa Fundación de Deportes, a cita contará con máis de 200 participantes.

O edil de deportes, Carlos Coira, acompañado polo presidente do Club Fontercarmoa, Ángel Vilas, e o director deportivo da Fundación de Deportes, Juanmi Doval, foi o encargado de presentar a edición de este ano, que forma parte do Circuíto Galego de Promoción coas categorías sub-8, sub-10, sub-12 e sub-14, ademáis dunha proba Open en categoría absoluta. 

A xornada, de libre entrada, comezará ás 10 da mañá coa recepción dos participantes na propia praza, e extenderase ata as 14.00 horas, período no que se realizarán tres rondas. Xa pola tarde reanudarase a competición ás 16.00 coa disputa de catro rondas. Rematará a actividade coa entrega dos trofeos e un agasallo conmemorativo para todos os participantes, ademáis dun sorteo.

A organización repartirá un total de 520 euros entre os mellores clasificados.

"Para nos é un pracer presentar outro ano máis este evento que se deixou de facer durante dous anos pola pandemia e que volveu en 2022 e poder así darlle continuidade a unha cita da que xa van 29 edicións, que son moitos anos". explicou Coira.

O xadrez volverá darse cita en VIlagarcía co Open McDonalds no mes de novembro, dentro tamén do Circuíto de Promoción, que consta de 16 probas, das cales 3 se celebran no municipio arousá