O Muiño, gran triunfador da VI Festa do Deporte de Ribadumia

O municipio premiou aos seus mellores deportistas nunha gala dirixida polo humorista Pepo Suevos
Foto de familia dos finalistas e gañadores da VI Festa do Deporte de Ribadumia. DS
photo_camera Foto de familia dos finalistas e gañadores da VI Festa do Deporte de Ribadumia. DS

O Concello de Ribadumia premiou aos seus mellores deportistas na VI Festa do Deporte celebrada esta fin de semana no Auditorio Municipal. Ao evento asistiu o alcalde de Ribadumia, David Castro; o deputado provincial de deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez Díaz; o xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; e a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez; así como tamén membros da corporación municipal e as federacións deportivas. 

Repartíronse un total de 14 premios a deportistas do municipio, ou vinculados co mesmo, clubs, adestradores, medios de comunicación e patrocinadores. Ademais, outorgouse unha dobre mención especial coa que o xurado desta edición quixo destacar o labor e dedicación das persoas que promoven os valores e o deporte dentro das entidades deportivas. 

Durante a gala co-presentada e dinamizada por Pepo Suevos, o Concello de Ribadumia celebrou o esforzo e o traballo como máximos expoñentes dos resultados deportivos das persoas vinculadas ó municipio. Desde o goberno local tamén se animou aos deportistas a seguir traballando na mesma liña para que continúen colleitando novos éxitos dos que Ribadumia se sinta aínda máis orgullosa. 

Así, os gañadores nas diferentes categorías quedaron repartidos da seguinte maneira:

Mellor deportista "promesa" masculino ribadumiense

Finalistas: Mateo Betanzos Núñez (UMIA CF), Daniel Gondar Carballa (RC Celta de Vigo) e Yago Piñeiro Ucha (Club Ciclista Ribadumia).
Gañador: Daniel Gondar Carballa.

Mellor deportista "promesa" feminina ribadumiense

Finalistas: Alba Falcón Penín (BTroula) e Ainoa Feijóo Cid (Club Náutico O Muíño).
Gañadora: Ainoa Feijóo Cid.

Mellor deportista ribadumiense masculino

Finalistas: Celestino Iglesias Cores (Desguaces Tino Racing) e Pablo Oubiña Fernández (UMIA CF).
Gañador: Celestino Iglesias Duarte (Desguaces Tino Racing).

Mellor deportista ribadumiense feminina

Finalistas: Iria Ferreiro Rodríguez (UMIA CF), Carla Piñeiro Esperón (UMIA CF) e Alba Vázquez Lafuente (Club Náutico O Muíño). 
Gañadora: Alba Vázquez Lafuente.

Mellor deportista masculino non ribadumiense 

Finalistas: Manuel Fontán Señoráns (Club Náutico O Muíño), Roberto Pazos Agra (CD Ribadumia) e Adrián Sieiro Barreiro (Club Náutico O Muíño).
Gañador: Manuel Fontán Señoráns.

Mellor deportista feminina non ribadumiense 

Finalistas: Desirée Fernández Rey (Club Ciclista Ribadumia), María Pérez Aragunde (Club Náutico O Muíño), Minerva Riveira Hermida (UMIA CF) e Mª Luisa Seijas Mallo (CD Ribadumia).
Gañadora: María Pérez Aragunde (Club Náutico O Muíño).

Mellor equipo masculino

Finalistas: Benxamín ‘A’ CD Ribadumia, Club Náutico O Muíño absoluto e Umia Infantil ‘A’.
Gañador: Club Náutico O Muíño absoluto.

Mellor equipo feminino

Finalistas: Club Náutico O Muíño absoluto feminino, Umia Sénior ‘B’, Principiante feminino Club Ciclista Ribadumia.
Gañador: Club Náutico O Muíño absoluto feminino.

Mellor club deportivo

Finalistas: CD Ribadumia, Club Náutico O Muíño, UMIA CF.
Gañador: Club Náutico O Muíño.

Mellor adestrador/preparador

Finalistas: Moisés Campos Maneiro (UMIA CF), Roberto Pazos Agra (CD Ribadumia) e José Manuel Vázquez Navia (Club Náutico O Muíño). 
Gañador: José Manuel Vázquez Navia.

Premio ó mérito deportivo

Finalistas: José Manuel Castro Vázquez ‘Txu’ e José Manuel Vázquez Núñez.
Gañador: José Manuel Vázquez Núñez.

Premio patrocinadores

Finalistas e gañadores: Kiwi Atlántico, O Tío Benito, CREYCO, Desguaces Leiro e Galventus. 

Premio á comunicación

Finalistas: Faro de Vigo e Fito Gago (Faro de Vigo).
Gañador: Fito Gago.

Premio ao arraigo ribadumiense

Finalistas: Francisco Javier García Parada (Club Náutico O Muíño), Edgar Barreiro Chapela (halterofilia) e Ana Abuín Pazos (atletismo). 
Gañador: Edgar Barreiro Chapela.

Mención especial

Finalistas e gañadores: Celestino Iglesias Duarte e D. Dositeo Valiñas Fernández.

Ao final do acto, entregáronselles unha mención especial a Dositeo Valiñas e a Tinín Iglesias, á vez que o Concello de Ribadumia homenaxeou a Bárbara Gómez Oubel, pois además de estar vinculada directamente co municipio, tamén foi finalista desta festa do deporte noutras ocasións.