A Mancomunidade presenta a nova maquinaria para o servizo medioambiental

Trátase dunha minipala limpadora que estará destinada ao servizo de conservación ambiental
Presentación da nova maquinaria da Mancomunidade do Salnés  para o servizo medioambiental. ANXO LORENZO
photo_camera Presentación da nova maquinaria. ANXO LORENZO

A Mancomunidade do Salnés presentou este venres a nova maquinaria que adquiriu cunha subvención da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia dentro do proxecto Salnés ambiental XI: actuacións de conservación ambiental nos núcleos rurais dos 9 concellos da Mancomunidade

Trátase dunha minipala limpadora BOBCAT S550, que se destinará ao servizo compartido de conservación ambiental, que xa conta con 4 máquinas mais, co fin de mellorar o estado dos roteiros e camiños rurais, restaurar e protexer os espazos naturais e contribuír a unha economía máis limpa e sostible. 

Este servizo é un dos mais integradores dos que presta esta Mancomunidade xa que é un servizo básico de conservación do territorio comarcal, facendo que sexa máis accesible e transitable, integrando o rural nas vilas, poñendo en valor as rutas do Camiño Xacobeo que atravesan a comarca do Salnés e favorecendo os fluxos económicos as zonas máis despoboadas.

A minipala caracterízase por ter unha gran potencia e unha construción de alta resistencia, que ocupa pouco espazo e adáptese a espazos de traballo reducidos. Ten unha cabina presurizada para manter limpo o aire e a posibilidade de incorporar máis de 100 complementos para realizar calquera tipo de traballo. Esta nova máquina, que substitúe a outra máis antiga, é capaz de limpar nunha xornada de traballo varios quilómetros de marxes de carreteras, beirarrúas e camiños, o que supón unha mellora na eficiencia do servizo.

O valor da inversión é de 59.895,00 euros, financiado nun 65% pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. 

O xerente da Mancomunidade, Ramón Guinarte, destacou a importancia deste investimento para o desenvolvemento rural e a calidade de vida dos veciños e veciñas do Salnés.