A Deputación aporta ao Salnés preto de 100.000 euros para a recuperación de espazos públicos

As subvencións chegarán a Sanxenxo, Vilagarcía, Cambados, Meaño e Meis ▶ As axudas irán destinadas ademais para a creación de sendas
Luis López e Marta Giráldez asinando en Meis o convenio de colaboración do PON203. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Luis López e Marta Giráldez asinando en Meis o convenio de colaboración do PON203. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Deputación de Pontevedra acaba de anunciar a concesión de subvencións para que 40 concellos pertencentes á Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público poidan redactar 94 proxectos de recuperación de espazos públicos e de sendas peonís e/ou ciclables. As axudas, que permiten sufragar o 90% do custe da redacción, ata un máximo de 50.000 euros por concello. En total, o Goberno provincial destina 1,4 millóns de euros a esta convocatoria, tras ampliar en 600.000 o orzamento inicial de 900.000 euros. As axudas servirá para a redacción de proxectos de mellora peonil, de acondicionamento de diferentes rúas en contornas rurais e urbanas, a creación de sendas, a recuperación e humanización de viais, ou a mellora estética e funcional de enclaves turísticos, entre outros.

Entrando ao detalle, estes proxectos de mellora das contornas urbanas desenvolveranse en Sanxenxo, que recibe case 50.000 euros para cinco proxectos. Ademais, Vilagarcía de Arousa Terán preto de 50.000 euros para os seus respectivos tres proxectos.

Por último, os concellos de Cambados, Meaño Meis poderán redactar un proxecto cada un grazas a subvencións que van dos preto de 4.000 aos 50.000 euros.

O presidente da Deputación, Luis López, lembrou que no novo programa provincial +Provincia “incorporamos unha cuarta liña de proxectos de transformación, precisamente para apoiar a aqueles concellos na redacción dos seus proxectos aliñados coa Axenda Urbana da UE”.