Persoal do CEMMA retira un exemplar de balea varado na costa

A concelleira de Medio Ambiente agradece a Confraría e mariñeiros a súa colaboración para trasladar o cetáceo, cun peso superior a unha tonelada, ata O Cabodeiro
Balea atopada no Carreirón, en A Illa. DS
photo_camera Balea atopada no Carreirón, en A Illa. DS

Membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) desprazaronse na mañá deste xoves ata O Cabodeiro para realizar a autopsia da balea falecida que hai uns días varou na costa arousan. O persoal de Cemma realizará un estudo minucioso do animal para determinar as causas que provocaron a súa morte á vez que tratarán de determinar cuestións como si podería tratarse do mesmo animal que hai varios anos foi avistado nadando cerca do porto de A Illa, recolléndose naquel momento imaxes da balea que agora servirán para establecer unha comparativa.

Todo este proceso é seguido de cerca pola concelleira de Medio Ambiente, Gabriele von Hundelshausen, que estivo pendente tamén do traslado do animal desde O Carreirón, donde varou, ata O Cabodeiro, donde permanece amarrado.

Trátase dunha femia xoven de máis de 4 metros de lonxitude e unha tonelada de peso. Dimensións que complicaban o seu traslado desde O Carreirón, xa que tería sido preciso utilizar maquinaria pesada nun entorno proxetido. Por elo, Gabriele von Hundelshausen agradece a implicación da Confraría de Pescadores e de mariñeiros particulares que utilizaron as súas embarcacións para, unha vez atado o corpo do animal, proceder ao seu traslado por mar. Unha vez rematadas as análises por parte do personal de Cemma será a Consellería de Medio Ambiente quen se encargue de trasladalo a un centro axeitado para a súa incineración.

Gabriele von Hundelshausen explica que ao longo do ano o Concello ten que facer frente ao varado dalgúns cetáceos nas súas costas. “Normalmente son golfiños xovenes, de menor volume, e ainda así son un problema serio para un Concello como o noso, cos recursos escasos”. A Gabriele, nos seus oito anos como concelleira, tocoulle xa coordinar varias retiradas. “O primeiro que facemos á avisar a Cemma para que teña constancia da aparición do corpo e despois, en función das dimensións, organizamos nós a retirada ou avisamos á Consellería. Urxe retiralos porque eses corpos en descomposición producen un cheiro inesquecible”.

E neste sentido destaca a labor que fan desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamímeros Mariños, unha ONG galega fundada en 1992, que ademáis da colaboración nos varadso, a xestión do banco de mostras destas especies ou a recuperación de animais danados, organiza cursos para voluntarios, formando á poboación no coñecemento e respeto polos cetáceos.