O CEIP Torre-Illa e o campo de A Bouza estrearán novos paneis solares

O investimento total ascende a 49.000 euros, dos que 37.000 euros serán subvencionados con fondos europeos, para colocar 81 placas
Exterior do CEIP Torre-Illa. XUNTA
photo_camera Exterior do CEIP Torre-Illa. XUNTA

A concesión dunha nova subvención permite ao Concello de A Illa avanzar na instalación de paneles solares nas instalacións público dentro do proxecto global de aforro enerxético desenvolto nesta lexislatura. O CEIP Torre-Illa e o campo de futbol de A Bouza contarán en breve con esta tecnoloxía enerxética que permitirá reducir considerablemente o coste eléctrico das mesmas. O investimento total ascende a 49.000 euros e o Concello conta cunha subvención de 37.000 euros para acometer os traballos aportando con fondos propios a cantidade restante.

No colexio Torre-Illa vánse instalar un total de 62 paneis solares que darán cobertura ao 53% das necesidades enerxéticas do centro educativo reducindo nunha porcentaxe similar a factura que ata agora ascende anualmente a 15.200 euros. A memoria desta actuación ascende a 25.936 euros dos que 21.796 eruos serán subvencionados con fondos europeos.

A outra instalación que se sumará ás enerxías renovables será o campo de futbol de A Bouza, no que se colocarán 19 paneis solares conectados a dúas baterías de litio de 2,76kw/hora que
facilitarán a iluminación do campo en horario nocturno. Neste caso o orzamento ascende a 23.000 euros e a subvención concedida é de 15.000 euros, prevéndose que o aforro enerxético
chegue ao 75%.