O Illote de Areoso ten preto de 5.000 autorizacións para ser visitado

O espazo está limitado a 150 visitantes diarios a través de tres quendas sendo a segunda de 13.00 a 17.00 horas a máis solicitada
 Islote de Areoso. DP
photo_camera Islote de Areoso. DP

O arquipélago dos Guidoiros, do que forma parte o illote de Areoso, na Illa de Arousa xa ten case 5.000 autorizacións para ser visitado concedidas pola Xunta de Galicia, desde a implatación do sistema de control de acceso o pasado mes de xullo. 

Debido a isto, o espazo está limitado a 150 visitantes diarios a través de tres quendas: do amencer ás 13.00, das 13.00 horas ata as 17.00 horas e das 17.00 horas ata o solpor. A máis solicitada é a segunda con 1.825 solicitudes recibidas, mentres que a terceira recibiu 1.672 e a primeira 1.425 peticións. Deste xeito, a ocupación media supera o 90% a partir das 13.00 horas e roza o 80% nas primeiras horas da xornada. 

En canto aos modos de acceso ao Areoso, das 1.327 solicitudes recibidas a maior parte conrresponden a embarcacións sen motor co 921 peticións, seguida de 261 solicitudes de atraques con motor e, para acceso con fondeo, 145. 

Dende a Xunta de Galicia declaran que coa regulación de usos e actividades permitidas no conxunto que conforman o Areoso e outra seria de illas próximas "é garantir o  entre a protección dos seus valores e recursos naturais e o aproveitamento público deste espazo, que nos últimos anos viña rexistrando unha afluencia de visitantes crecente".

As persoas interesadas en visitar este lugar protexido poden facer a súa reserva a través da ligazón.