A Illa reforza a iluminación de Nadal coa ambientación interior dos edificios municipais

Á árbore que presidirá a praza do Concello sumaranse 25 arcos e 64 adornos nas farolas
Iluminación do interior dos edificios municipais de A Illa. CONCELLO
photo_camera Decoración navideña do interior dos edificios municipais de A Illa. CONCELLO

O Concello ampliará este ano a ambientación de Nadal ao interior dos edificios municipais. Un árbol artificial rodeado de motivos navideños iluminados dará a benvida a quen se achegue estes días á Casa Consistorial, ao Auditorio, á biblioteca municipal, a Escola de Música, o centro de xubilados ou ao edificio de Usos Náuticos.

Trátase dunha decoración modesta coa que a concelleira de Cultura, Rosi Viana, quere transmitir de xeito simbólico unha mensaxe de luz e cor á toda a cidadanía arousana nun momento económicamente complicado. “Coido que sería unha irresponsabilidade destinar unha gran partida económica á decoración das nosas instalacións porque temos cousas máis prioritarias que atender por eso botamos man dos recursos que temos e de un pouco de imaxinación para crear recunchos máxicos que contribúan a manter a ilusión nestas datas”, apunta a concelleira desvelando xa a liña que marcou a contratación da iluminación de Nadal en toda a Arousa despois de que o goberno local apostara por deseñar unha ampla programación cultural para este mes con máis dunha ducia de propostas culturais.

O vindeiro sábado, 10 de decembro, o Concello encenderá un alumeado que terá na árbore situada na Praza do Concello o seu motivo central. Estará reforzado por 25 arcos espallados por todo o territorio insular e por 64 adornos situados noutras tantas farolas. Presidindo a entrada a A Illa lucirá un único cartel coa lenda “Boas Festas”.

Luces led de baixo consumo que ambientarán as rúas e prazas do municipio para completar non só unha programación cultural que terá lugar ata o vindeiro 5 de xaneiro senón tamén as actividades específicas para a poboación máis nova, con talleres e obradoiros, que a Concellería de Cultura presentará proximamente.