O Goberno da Illa respalda ao sector bateeiro no debate plenario sobre a mexilla

Carlos Iglesias e Luis Arosa cos bateeitros arousáns. CEDIDA
Carlos Iglesias e Luis Arosa avogan por unha normativa en consenso con todos os implicados

O alcalde de A Illa, Carlos Iglesias, e o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, desplazaronse esta mañá de mércores ao Parlamento de Galicia acompañando a representantes do sector bateeiro arousán para asistir ao debate dunha Proposición Non de Lei prantexada polo grupo socialista destinada a afrontar a realidade da escaseza de mexilla e os problemas derivados da decisión do goberno autonómico de limitar a súa extracción na costa galega.

O goberno local de A Illa respalda así o prantexamento do sector nun conflicto no que, aseguran, a Consellería pretende “impoñer” as súas decisións sen contar co consenso necesario. A modificación unilateral da normativa que impediu, a partir de 2020, recoller mexilla en case todos os lugares da costa onde esta se da en boa cantidade está na orixe dun problema que afecta ao sector bateeiro arousán, preocupado pola máis que probable perda de calidade do produto que terá unha nefasta repercusión económica no tecido productivo arousán.

Tanto Carlos Iglesias como Luis Arosa defenden unha saída consensuada a este conflicto na que se escoiten as voces de bateeiros e percebeiros, coa mediación técnica necesaria baseada en informes reais e actuais, xa que os utilizados pola Xunta teñen máis dunha década.