O distintivo sendeiro azul avala un ano máis a calidade ambiental da senda O Bao-Xestelas

A edil de Turismo, Rosi Viana, afirma que o galardón simboliza o modelo ambiental e turístico no que traballa o Concello desde a súa fundación
A Salga, senda perimetral Bao-Xastelas en A Illa de Arousa. DS
photo_camera A Salga, senda perimetral Bao-Xastelas en A Illa de Arousa. DS

A Illa de Arousa vén de renovar o distintivo de Sendeiro Azul para a Senda Perimetral Bao-Xestelas, un galardón que luce desde que no ano 2010 o municipio se convertía en pioneiro na contorna na promoción de activos ambientais que apostasen pola posta en valor do patrimonio ambiental no contexto dun turismo sostible.

Esta senda, que comeza no O Bao e continúa ata o parque natural de O Carreirón, zona de migración de aves, ten unha lonxitude de 2.446 metros e unha dificultade baixa para percorrela, cun tempo estimado para facelo de 45 minutos. Neste traxecto litoral a senda transcurre por playas con forma, perfil e pendente diferente así como gran variedade de ecosistemas, marismas e roquedais de gran valor paisaxístico. O sendeiro permite unha achega ao mundo do marisqueo pero tamén recunchos para facer unha parada lúdica. A praia de Camaxe, duns 700 metros de lonxitude é unha das máis espectaculares e moi cerca está tamén o Centro de Interpretación da Conserva.

Para Rosi Viana, concelleira de Turismo, resulta satisfactorio este recoñecemento ambiental ao sendeiro Bao-Xestelas. “É moi complexo para municipios con escasos recursos como é o noso caso competir en distintivos. Boa parte do perímetro litoral da Illa conta con sendas acondicionadas para pasealas con seguridade e con entornos naturais de gran valor. Temos este Sendeiro Azul e para nós é un emblema do modelo ambiental e turístico que queremos: sen masificacións e respetuoso co medio”. Coa calidade como premisa, coa Q para a Oficina de Turismo e co distintivo Sicted para varias instalacións.

Os sendeiros azuis comunican praias, portos deportivos ou un centro de interpretación que luza bandeira azul polo que contribúen ao coidado do litoral además da conservación do patrimonio natural.

Trátase dun galardón promocionado pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) co apoio da Fundación Biodiversidad e do Ministerio para a Transición Ecológica.

Como requisitos específicos un sendeiro azul ten ademáis que estar sinalizado con paneis explicativos, nos que se informe sobre o hábitat, a fauna e a flora do entorno ademáis de ser accesible para persoas con mobilidade reducida