O Concello inviste 5.000 euros na renovación de catro portas no pavillón do Torre-Illa

O centro escolar xa acometera a renovación da barandilla, mellorando a seguridade do alumnado
Exterior do CEIP Torre-Illa. XUNTA
photo_camera Exterior do CEIP Torre-Illa. XUNTA

O Concello de A Illa de Arousa destinou preto de 5.000 euros á
sustitución de catro portas, de outras tantas aulas, situadas no interior do pavillón do colexio Torre-Illa, concretamente as utilizadas polo alumnado de quinto e sexto de Primaria.

O concelleiro de Deportes, Luis Arosa, explicou que as portas presentaban un avanzado aspecto de deterioro e que a dirección do centro escolar solicitara ao goberno local a súa sustitución por unha cuestión de seguridade e de hixiéne.

Coa substitución das portas o Concello completa unha actuación executada polo propio centro que consistiu na renovación da barandilla, mellorando tamén a seguridade do alumnado.