Alumnado do IES Illa de Arousa, de BATA e do IGAFA participan na macrolimpeza do Carreirón

 A edil de Medio Ambiente, Gabriele von Hundelshausen, agradece a implicación colectiva na preservación e conservación deste entorno
As persoas voluntarias na súa chegada ao Carreirón para dar comezo aos traballos de limpeza. DS
photo_camera As persoas voluntarias na súa chegada ao Carreirón para dar comezo aos traballos de limpeza. DS

Arredor dun centenar de alumnos e alumnas do IES da Illa de Arousa, da asociación BATA e do Igafa participaron este venres na macrolimpeza do Carreirón organizada conxuntamente co Concello e o IES. Durante máis dunha hora os participantes desafiaron a chuvia para retirar plásticos e residuos do espazo natural acumulando varias bolsas de restos retirados dun entorno que combina sendeiros con arenais. Ademais de botellas e bolsas, os participantes nesta actividade encontráronse con restos de aparellos de pesca, palillos, cordas, paraugas, trozos de prendas de roupa e ata un centenar de cavichas.

A concelleira de Medioambiente, Gabriele von Hundelshausen, asegura que a cantidade recollida nesta edición da macrolimpeza é inferior á de outros anos debido á maior concienciación social sobre a importancia da recollida dos residuos. Ese é obxectivo da iniciativa, fomentar unha actitude responsable de coidado do entorno. “A chuvia non nos permitiu adicarlle máis tempo a este traballo hoxe pero é certo que constatamos unha menor presenza de refugallos no Carreirón”, apunta Hundelshausen, que atribúe o actual estado de limpeza deste entorno aos operativos periódicos que se organizan para retirar residuos do espazo protexido.

Esta actividade complementa a desenvolvida esta mesma semana có voluntariado da horta do IES, donde Concello e BATA colaboraron na prantación de 45 árbores, sobre todo carballos, criados no invernadeiro do IES de A Illa. A horta, en terreos da Xunta de Montes situados entre Testos e o IGAFA, completaronse con eles os ocos libres entre as prantacións anteriores.

Os participantes retiraron numerosos sacos cheos de plásticos e residuos do espazo natural. DS
Os participantes retiraron numerosos sacos cheos de plásticos e residuos do espazo natural. DS

A iniciativa contou coa colaboración de persoas voluntarias, alumnado, profesorado, familias, a xunta do monte e Nito Dios. “A súa implicación é decisiva para sacar adiante proxectos deste tipo e para formar ao alumnado en valores de respeto e coidado do medio ambiente; claves para garantir a conservación do noso entorno”.