Cambados prepara a súa XIX Festa da Vieira

Showcookings, foodtrucks, música e cinco mil exemplares de vieira para degustar concentraranse no parque de Torrado a fin de semana do 14 ao 16 de xullo
Presentación da XIX Festa da Vieira de Cambados. DS.
photo_camera Presentación da XIX Festa da Vieira de Cambados. DS.

Cambados acolle por decimonoveno ano consecutivo a súa famosa Festa da Vieira. O alcalde da capital do Albariño, Samuel Lago, presentou este sábado a festa gastronómica que "consolida o produto estrela do mar de Cambados, un produto cunha calidade excepcional e un produto cunha proxección máis alá de Cambados". O Presidente da Zona Centro, Juan Rey, destaca que, actualmente, esta festa é de Interese Galego e "está collendo popularidade". Ademais, recalca que é para "quentar motores da Festa do Albariño". 

Localizada no Parque de Torrado os días 14, 15 e 16 de xullo veciños e visitantes de Cambados poderán disfrutar deste produto de mar a través de showcookings, foodtrucks ou pinchos. A festa inaugurarase o día 14 as 12.30 horas e as 13.00 horas será o primeiro showcooking a mans da Estrela Michelín Yolanda Martínez, do restuarante Cocinandos en León. O sábado día 15 o showcooking irá da man dun veciño de Cambados, Xan Galbán, do restaurante Mº Castaña de Santiago de Compostela e, o último día, tamén o levará un veciño, Alberto Castiñeiras traballador do Restaurante Joldan en Ibiza de Rafa Zafra. Todos os cociñeiros que elaboran os showcookings son clientes de Portos de Cambados. 

A parte destes eventos, os foodtrucks para desgutar a vieira serán elaborados por distintos restaurantes da zona Cambados: A Taberna de Triana, O Bo Paladar, A Casa Miguel e a Fonte do Viño. Estarán disponibles desde as 12.30 ata as 15.00 e desde as 20.00 ata aas 23.00. Os prezos son cinco euros unha elaboración de vieira e nove euros dous, haberá diferentes formas de degustalas. Ademais, dez restaurantes do concello ofrecerán pinchos de vieira. 

Todos os días haberá diferentes grupos de música para amenizar a degustación das persoas que decidan asistir a probar este produto tan característico do pobo. O último día haberá verbena coa orquesta Charleston na praza do Concello. 

Hai un total de cinco mil unidades de vieira repartidas entre os foodtrucks, os showcookings e os dez establecementos hosteleiros participantes. Para poder asistir aos showcookings é necesarios incribirse na oficina de Turismo, ben presencialmente, por teléfono 986 52 07 86 ou a través de correo electrónico: [email protected]