O empoderamento da muller na I Edición do Mercado 'Produtoras en Feminino' de Cambados

Ata o domingo 9 de xullo, o paseo da Calzada conta con postos de produtos artesanais e de alimentación elaborados por mulleres e que reivindican a figura feminina
O alcalde de Cambados, Samuel Lago, na Inauguración do Mercado 'Produtoras en feminino'
photo_camera O alcalde de Cambados, Samuel Lago, na Inauguración do Mercado 'Produtoras en feminino'. DS

No corazón de Cambados, congregado sobre o paseo da Calzada, un mercado nace para poñer en valor o papel da muller. Durante toda a fin de semana ata o domingo ao medio día ten lugar a inauguración do mercado 'Produtoras en Feminino'. Nos postos expóñense produtos elaborados por mulleres, tanto artesanais como de alimentación e todos enmarcados no ámbito local

O mercado conta coa participación de máis de 30 postos e a gran afluencia de persoas amosa a boa acollida desta iniciativa, apoiada polo concello de Cambados.

O propio alcalde, Samuel Lago, asistiu ao evento para poñer en valor tanto a exposición dos produtos como a elaboración dos mesmos. O mercado conta, tamén, con outras actividades, como un showcooking da man da Escola Obradoiro da Mancomunidade, un evento musical ou unha charla formativa sobre a apicultura dende o punto de vista feminino.

"Tanto a miña compañeira Loló e eu, somos un pouco as cabezas visibles. Pero todas as mulleres que están aquí expoñendo son organizadoras deste evento dalgunha maneira", explica Olga Milla co posto 'Paladar Queso'.



"Facemos isto moi agradecidas a Samuel e ao concello de Cambados por acoller tan ben esta iniciativa na que nós podemos visibilizar o traballo de mulleres que foi programado para estar sempre nun segundo lugar', engade Olga. Tanto as actividades que se desenvolven como os produtos que se expoñen buscan dignificar o papel da muller produtora.

"Sinto moita alegría e moito orgullo, sobre todo, de ser muller e produtora e de estar nun sitio como Cambados con tan boa acollida", declara Olga. No paseo da Calzada as mulleres produtoras e artasás comenzan a saír da sombra.