A Fundación Manolo Paz recoñoce a Fernando Caruncho

O Conselleiro Ramón Rodríguez felicitou ao premiado, Fernando Caruncho, e rememorou a traxectoria de Manolo Paz
O Conselleiro Román Rodríguez na Fundación Manolo Paz. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera O Conselleiro Román Rodríguez na Fundación Manolo Paz. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

No VIII Recoñecemento da Fundación Manolo Paz a Fernando Caruncho celebrado este venres en Cambados, participou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades Román Rodriguez, quen definiu ao premiado como "un dos paisaxistas máis prestixiosos e prolíficos do panorama nacional e internacional" e sinalou o espazo desta fundación como o lugar idóneo para entregarlle o recoñecemento a "un erudito que proxecta o seu amplo coñecemento sobre filosofía e historia da arte sobre as súas figuras, nunha fórmula híbrida que poderíamos describir como arquitectura vexetal". 

O representante da Xunta quixo tamén recordar a traxectoria de Manolo Paz e o inigualable marco creado na súa fundación. "Só un artista único coma el, cunha das obras máis trascendentes no desenvolvemento da arte galega, pode crear un espazo como este, marcado pola comuñón entre a natureza e arte", destacou.