A Deputación impulsa un obradoiro de ximnasio de mantemento en Vilariño

Preto dunha vintena de persoas participaron nesta actividade enmarcada no programa Depo en Marcha
Participantes en una edición de 'Depo en marcha' en Cambados. DS
photo_camera As persoas participantes no obradoiro de Depo en Marcha. DS

Arredor de 20 persoas de Cambados iniciaron este luns na Casa da Cultura de Vilariño un obradoiro de ximnasio de mantemento enmarcado no programa provincial Depo en Marcha. Con esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar a independencia das persoas maiores. O taller, promovido pola Asociación O Batuqueiro de Vilariño e organizado pola institución provincial, celébrase todos os luns ata o 18 de decembro en horario de 20.00 a 21.30 horas.

O curso de ximnasia de mantemento é un dos 130 que se ofertaron na actual edición de Depo en Marcha, que beneficia a arredor de 3.000 persoas ao longo de todo o ano.