Comerciantes e hosteleiros de Cambados trasladan as súas inquedanzas ao Concello

A escaseza de aparcadoiros no centro urbano, a limpeza das rúas, así como a necesidade de reorganizar os aparcadoiros de cargas e descargas son as cuestións principais trasladadas por Cambados Zona Centro aos representantes municipais
Zona Centro de Cambados se reunió con representantes municipales. DP
photo_camera Zona Centro de Cambados se reunió con representantes municipales. DP

A Asociación Cambados Zona Centro reuniuse este venres con representantes municipais, comerciantes e hostaleiros do municipio a fin de poñer en común as inquedanzas respecto ao sector.

A escaseza de aparcadoiros no centro urbano, a limpeza das rúas, así como a necesidade de reorganizar os aparcadoiros de cargas e descargas foron algunhas das cuestións que se trasladaron ao alcalde do municipio, Samuel Lago, o Concelleiro de Comercio, Tino Cordal, e o Concelleiro de Xestión do Tráfico, José Ramón Abal.

No transcurso desta xuntanza, abordáronse cuestións referentes ao pasado Nadal especialmente no tocante ao alumeado e ás actividades realizadas, tal e como informan desde Cambados Zona Centro, e fíxose  especial fincapé na necesidade de que se deixe ver -"que non multar", din desde a asociación-, a autoridade municipal polas rúas da vila, xa que elo contribúe a reforzar a seguridade das rúas.

"Queremos agradecer a predisposición do Concello a este tipo de reunións, que xa mostrou a súa disposición a poder realizar unha nova reunión de traballo nos vindeiros meses para analizar as correccións que se estimaron convintes", manifestaron os asociados de Cambados Zona Centro, que valoraron positivamente este encontro a fin de mellorar a situación de comerciantes e hosteleiros no municipio.