Cambados renova as cámaras do polígono Sete Pías para mellorar a calidade da imaxe

No último ano o Concello de Cambados atendeu ata en catro ocasións requirimentos da Guarda Civil para investigar distintos episodios que sucederon no Polígono Industrial
Cámara nueva del polígono de Sete Pías. DS
photo_camera Imaxe tomada coas novas cámaras. DS

O Concello de Cambados ven de renovar as cámaras de vídeo vixilancia do Polígono Industrial de Sete Pías instaladas hai 10 anos para dotalas dunhas novas que melloren a calidade de Gravación.

No último ano o Concello de Cambados atendeu ata en catro ocasións requirimentos da Garda Civil para investigar distintos episodios que sucederon no Polígono Industrial, remitindo copia das gravacións realizadas nos períodos solicitados. Pero debido a mala calidade dos equipos de gravación, foi preciso renovalos por uns de mellor calidade, para minimizar o nivel de inseguridade e incrementar a protección do polígono industrial dado o alto número de incidencias producidas nos últimos anos que derivaron en denuncias perante as forzas e corpos de seguridade.

As cámaras de vídeo vixilancia foron instaladas en setembro de 2013, polo anterior goberno do partido popular, cun custe de 49.831,92 euros, pero que non chegaron a poñerse en funcionamento ata o 2016, co novo goberno municipal, cando se obtiveron os permisos da Delegación do Goberno. As novas cámaras teñen un custe de subministro e instalación de 13.870,76 Euros, un 26% do custe da instalación e subministro das cámaras realizado en 2013.

As gravacións das cámaras axudaron na investigación neste ultimo ano de varios casos de roubos, e mesmo danos ocasionados a vehículos de traballadores do polígono Sete Pías. A autorización de uso das vídeo cámaras prohibe a captación de sons, as gravacións deben ser destruídas no prazo dun mes dende a súa captación, salvo que estean relacionadas con delitos penais ou investigacións das forzas e corpos de seguridade ou cun procedemento xudicial ou administrativo aberto. As imaxes obtidas manteñen en todo momento o principio de proporcionalidade e intervención mínima con absoluto respecto do dereito o honor, á propia imaxe e á intimidade das persoas. Neste sentido o campo de percorrido e captación das cámaras esta condicionado de forma que non se poden observar a través del vivendas.