Cambados percibirá 200.000 euros para a contratación de 17 traballadores

A Deputación aprobou as liñas de axuda da activación de emprego dentro do plan +Provincia
Rueda de prensa de Luis López. DS
photo_camera Rueda de prensa de Luis López. DS

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 950.000 euros para que 5 concellos da provincia impulsen novos investimentos e contraten a 24 persoas ao abeiro da liña 1 de investimentos e da liña 3 de activación de emprego do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos Baiona, A Estrada, Mondariz, Barro e Cambados. Un “programa de obras e servizos histórico da Deputación” para o que os concellos aínda poden presentar solicitudes ata este xoves 4 de abril. 

No caso da liña 3, de activación de emprego, o presidente provincial informou de que Cambados recibirá 200.054 euros para contratar 17 traballadores como varredores (6), operarios de mantemento de instalacións (2), limpadores (2), administrativos (2), técnico de medio ambiente e xestión de residuos (1), oficial de residuos (1), oficial de cultura (1), conserxe (1) e laceiro (1).