O alumnado de quinto e sexto curso de primaria do CEIP de Castrelo visitou hoxe o Concello de Cambados para coñecer de preto a labor que desempeña a administración municipal e o funcionamento dos órganos de goberno que a compoñen.
O alcalde do municipio, Samuel Lago, recibiu aos estudantes e aos seus docentes no Salón de Plenos onde alumnos e alumnas puideron ocupar os escanos dos 17 concelleiros e concelleiras da corporación.
O rexedor explicoulles, a grandes rasgos, algúns dos aspectos mais importantes da xestión municipal, a función do alcalde e as competencias do equipo de goberno, así como o sistema de elección dos representantes municipais.

Asimesmo, ante as preguntas e inquedanzas dos nenos e nenas sobre seguridade viaria ou medio ambiente, Lago aclaroulles cuestións como as competencias e relacións entre as diferentes administraciones públicas e as últimas iniciativas medioambientais postas en marcha polo Concello, caso do Punto Limpo Móbil ou os composteiros comunitarios e individuais.