Sanxenxo

Homenaxe ás vítimas do naufraxio de Arnosa en 1940

A Asociación de Veciños de Vilalonga e Codesevi, coa colaboración do Concello de Sanxenxo, rendiron homenaxe este domingo, 12 de febreiro, ás 23 vítimas do naufraxio dun galeón que en 1940 volvía de marisquear do Grove. O acto celebrouse nas inmediacións do pantalán de Arnosa e contou cunha misa e unha ofrenda floral na que participou un testigo ocular do acontecido aquel 25 de febreiro de 1940 e arredor de 250 veciños e veciñas, membros de colectivos e autoridades do municipio.