Sanxenxo

Así foi o desfile de Entroido no CEIP Portonovo!

A comunidade educativa do CEIP de Portonovo festexou o Entroido. Non debeu de quedar ninguén sen a súa máscara ou disfrace. Personaxes diabólicos e anxelicais, animaliños, notas musicais, xogos coma o Quen é quen, e ata libros! Todo un derroche de imaxinación e fantasía e por suposto moita troula. Bota unha ollada a estas imaxes, a ver a quen recoñeces!