O Grove

O Grove presume das súas Centolas de Ouro

O Bar Peirao, Teatro Enxebre, Carlos Besada e Lara Lois foron os galardonados coas Centolas de Ouro, durante a celebración da Festa do Marisco do Grove. tras a decisión unánime do Consello Local de Turismo. A súa positiva contribución social, cultural e deportiva ao municipio foi destacada durante a gala de entrega dos galardóns. Carlos Besada, coa súa galería é desde hai unha década toda unha referencia dentro e fóra do municipio. Recoñecida foi tamén a considerada raíña do ciclismo, Lara Lois, primeira galega en proclamarse campioa de España de XCO, cunha recompilación de títulos de primeira orde. Tamén o grupo de Teatro Enxebre e o Bar Peirao acadaron a distinción na gala de entrega.