Vilagarcía

Afundación inicia 'Música a Flor de Pel' en centros de educación especial de Vilagarcía

Afundación, dentro do seu compromiso por desenvolver iniciativas de impacto social, pon en marcha unha nova edición de 'Música a flor de pel', un programa que levará microconcertos aos centros de educación especial de toda Galicia. O programa comezou en Vilagarcía, no Centro de Educación Especial Vilagarcía de Arousa, coa participación de 72 persoas nunha proposta de percuterapia e musicoterapia desenvolta polo cantante e musicoterapeuta Pedro Campos [VÍDEO: JOSÉ LUIZ OUBIÑA]