Cambados

Pregón de Aurora Vidal Cabanillas 'Pitusa' no Albariño 2022 de Cambados

A neta do célebre poeta Ramón Cabanillas, Aurora Vidal Cabanillas 'Pitusa', foi a pregoeira da LXX edición da Festa do Albariño de Cambados, que deu ás 13.00 horas deste venres o seu pistoletazo de saída. Durante o seu discurso, Vidal Cabanillas quixo lembrar a Álvaro Cunqueiro, quen fora "pregoeiro oficial das festas nos anos 60 e 70" e a quen ela mesma coñeceu, e protagonizou o brindis dende o palco da Casa Consistorial, acompañada do alcalde de Cambados, Samuel Lago.

[VÍDEO: IRIA CURROS/D.S.]