Evento

Festas de Sisán 2022

23/06/2022 a 26/06/2022
Sisán, Ribadumia
Dúo La mecánica. DP
photo_camera Dúo La mecánica. DP

Ribadumia celebrará o 23, 25 e 26 de xuño 3 días de música e diversión con orquestras, grupos e fogueira incluídos. O xoves celebrarase a tradicional fogueira de San Xoán a partir das 21.30 horas amenizada polo DJ Cristian Álvarez. O sábado pola mañá haberá alborada a cargo do grupo Os Demos da Petaca Folk e misa cantada, para pechar pola noite a verbena coas orquestras Montreal e La Ola, e o DJ André Melón. O fin de festa terá lugar o domingo 26 de novo cunha misa cantada ás 19.00 horas, tra-la que se fará unha chourizada popular, e pecharán as festas o grupo La Mecánica e o DJ Pacovulkano.

Fiestas Sisán 2022