
Esta décima edición do festival de balde Ameixa Rock encherá Carril de música e diversión durante dous días. O venres 2 terá lugar o Carnaval Rock na Praia da Covacha coa Duendeneta. O sábado 3 haberá visitas guiadas a Illa de Cortegada, sesión vermú e animación para os máis pequenos. Os concertos comezarán a partires das 22:30. Neles participarán os xa establecidos Miguel Costas e Ruxe Ruxe xunto con Liberad al Kraken, gañadores do Concurso Ameixa Rock para Bandas Emerxentes cunha aposta que é unha mistura de punk e metal con toques de folk e electrónica.
Localización: Carril, Vilagarcía de Arousa