A Xunta apoia a compra de vehículos eléctricos ou híbridos para policías locais

Os concellos contan cun prazo dun mes para a presentación de solicitudes para a compra dos utilitarios
Un dos vehículos destinados ao Concello de Vilanova. DP
photo_camera Un dos vehículos destinados ao Concello de Vilanova. DP

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo deu conta da apertura do prazo dun mes para a presentación de solicitudes por parte dos concellos para a compra de vehículos eléctricos ou híbridos polo sistema de rentig para uso das policías locais.

O representante autonómico explicou as vantaxes deste sistema nun acto en Vilanova, concello que resultou beneficiario no 2021 dunha iniciativa que ten como obxectivo dotar aos corpos de seguridade municipais de vehículos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco e que se puxo en marcha ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.