Remata en Vista Real o curso de Recepcionista de oficina para 15 alumnos da contorna

O obxectivo deste obradoiro foi dotar aos alumnos e alumnas, persoas con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, das habilitades básicas para atender a recepción de calquera oficina
Os e as participantes no curso Recepcionista de oficina de Vilanova. CEDIDA
photo_camera Os e as participantes no curso Recepcionista de oficina de Vilanova. CEDIDA

Cunha sesión sobre a orientación laboral e a búsqueda de emprego, os 15 alumnos do curso de Recepcionista de oficina procedentes de Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, O Grove, Ribadumia, Catoira e Pontevedra, remataron esta mañá as 120 horas de formación teórica impartidas no pazo de Vista Real de Vilanova e as 70 horas de prácticas realizadas en empresas da zona.

A entrega de diplomas contou coa presencia da Concelleira de Servicios Sociais, Ana Carballa e Eliana Vidal de Deportes. 

Este curso, que se iniciou o pasado 1 de setembro, tivo como obxectivo dotar aos alumnos e alumnas, persoas cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, das habilidades básicas para atender a recepción de calquera oficina, realizar trámites básicos e realizar vendas. En toda a formación utilizáronse as TICs de xeito transversal como apoio á adquisición da formación.

O curso estivo organizado pola Confederación Galega de Persoas con Discpacidade (COGAMI) e Concello de Vilanova de Arousa, e subvencionado pola Fundación LaCaixa e FSE.