O PSdeG retirará o recurso do contencioso a Costas se María Vales accede á Alcaldía

A portavoz do grupo socialista de Vilanova reuniuse co alcalde de Cambados, Samuel Lago, para analizar os pasos a dar co fin de solucionar os verquidos
Reunion de María Vales xunto a Sheila Ferreira con Samuel Lago. CEDIDA
photo_camera Reunion de María Vales xunto a Sheila Ferreira con Samuel Lago. CEDIDA

A candidata do PSdG PSOE a Alcaldía de Vilanova, María Vales, xunto coa xurista e asesora fiscal, a tamén concelleira Sheila Ferreira, tiveron unha productiva reunión co alcalde de Cambados, Samuel Lago para coñecer de primeira man os pasos dados para tratar de solucionar os verquidos que, provenientes das augas de Vilanova, están a causar un gran perxuizo ao sector do mar, tanto na propia Vilanova como en Cambados.

A reunión concluíu cun obxectivo principal. Si María Vales accede á Alcaldía de Vilanova, retirará o recurso contencioso administrativo que plantexa o Concello, que frena a posibilidade de buscar unha solución a curto prazo para acabar cuns verquidos que si non se deteñen canto antes terán un enorme perxuizo para o sector do mar de Cambados e Vilanova.

O contencioso administrativo que promove Durán somentes ten un obxectivo -afirman-, "que non é outro que creer que un enfrentamento con Costas do Estado pode supoñerlle algún voto". "Algo inaudito e que constata que tantos anos de alcalde non lle serviron para coñecer o funcionamento da Administración, xa que o informe da Dirección Xeral de Costas, indicando que a tubería non pode ir na franxa de salvamento marítimo, non é caprichoso senón dunha alta funcionaria e non por cuestións políticas como di, enganando aos seus propios veciños e veciñas", argumentan dende a oposición. "Os altos funcionarios informan e dictaminan de acordo á lexislación, e entablar un contencioso non servirá más que para dilatar no tempo unha solución a algo tan necesario.Extraña ao PSdG PSOE o seguidismo da Xunta de Galicia  a cerrazón de Durán xa que os propios técnicos e incluso compañeiros e compañeiras de partido do Alcalde de Vilanova recoñecen que é unha tolería buscar enfrontamento co Estado para rabuñar votos a custa da riqueza do sector", sinala Vales.

"Choca sen embargo, que unha compañeira sua de filas, que pretende acceder á Alcaldía de Cambados, Sabela Fole, se poña de parte de Durán, cando coñece perfectamente que a causa dos verquidos non é outra que a nula capacidade do alcalde de Vilanova de recoñecer que a causa principal dos males é a mezcla das augas pluviales coas augas grises que ocasiona desbordes que a rede non ten capacidade de asumir", engade a portavoz socialista.

Advirten dende o PSdeG ao Concello de Vilanova que o que teñen que facer primeiramente é "que se realice a separación das augas sucias das pluviales cada vez que se faga unha obra de reparación, algo que non se está a facer e que é completamente necesario e ecolóxico. Facer o tanque de tormentas que se atopa fora da servidumbre de Costas e a comunicación do tanque de tormentas co seguinte pozo de bombeo, ata que non se determine o novo trazado da rede".

Existe a posibilidade de facelo canto antes; "suporía que a case totalidade dos verquidos non fluan ao mar, tendo ademáis xa a financiación suficiente e deixarse de buscar enemigos". Para María Vales e Samuel Lago a búsqueda dunha solución inmediata é primordial e a partir de maio, se contan co apoio dos seus veciños, porán todo seu empeño en solucionar un problema que o alcalde de Vilanova "quere enquistar".