O Nadal Cultural de Vilanova fará as delicias dos máis pequenos

O programa inclúe festivais, a posta en marcha do Belén artesanal, cine ou a tradicional cabalgata de Reis
Parque Umbrío iluminado en Vilanova. CONCELLO
photo_camera O Parque Umbrío iluminado tralo encendido. CONCELLO

Vilanova de Arousa anunciou o seu programa festivo para este Nadal no que se inclúen actividades para toda a familia co fin de desfrutar das festas en compañía. Tralo acendido do alumeado celebrado o pasádo domingo, e a inauguración da exposación de Manuel González levada a caba onte, luns 5 de decembro, a actividade cultural continúa o vindeiro xoves, dende as 13.00 horas, coa inauguración do Belén artesanal na planta superior da Casa do Mar. Pola tarde os máis pequenos poderán desfrutar con Gemola de O Nadal de Pippi, ás 18.00 horas na Igrexa da Pastoriza.

O cine infantil chegará ao municipio da man da obra Sonic. A película, que se proxectará o 11 de decembro no Auditorio Valle-Inclán dende as 18.00 horas. No mesmo espazo celebrarase o festival de nadal da Escola de Música, os días 16 e 17, ambos ás 19.00 horas. Ao día seguinte, o 18, o Auditorio acollerá outro festival, neste caso da Escola de Arete Caliveras dende as 18.00 horas. Dous días antes do Nadal, o 23, o Concello organiza unha gran festa infantil con hinchables, pintacaras, xogos...Estas actividades faranse no Multiusos municipal, dende as 16.30 ás 19.30 horas, para dar paso a unha exhibición de baile, ximnasia de mantemento e clase de pilates. Para rematar a programación e despedindo as festas, o 5 de xaneiro celebrarase a tradicional cabalgata de Reis, na que os nenos desfrutarán da presenza dos tres magos de oriente que repartirán lambetadas entre os rapaces e rapazas.

Comentarios