Vilanova ten unha cita co Festival de Teatro Festivalle

O luns 10 de xullo celébrase este evento para homenaxear a vida e obra de Ramón del Valle-Inclán
teatro
photo_camera Parte de atrás dun escenario de teatro. DP

Este luns 10 de xullo ten lugar a II Edición do Festival de Teatro Festivalle en Vilanova de Arousa. O evento conta cunha primeira parte pola mañá que se trata dun curso de verán. A inscrición ao curso é de balde e nel participan José María Paz Gago, catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña e Pablo Landín, doutor en Filoloxía.

De xeito simultáneo, pódese visitar, tamén de balde, a exposición Valle-Inclán visto por SiroA exposición concéntrase na igrexa vella da Pastoriza e o horario é de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. 

Na segunda parte do Festival de Teatro Festivalle ten lugar a representación do monólogo de Pedro Casablanc, Don Ramón del Valle-InclánA interpretación está baseada no texto de Gómez de la Serna e será acompañada do pianista. Con este festival, preténdese homenaxear a Valle-Inclán e recuperar a dramaturxia de gran valor que creou.