Féminas en Acción visibiliza o papel da muller no terreo das artes o sábado 18

O sábado 18 desenvolverán varias actividades culturais baixo o nome de 'Xornada Literaria e Poética'
Féminas Vilanova
photo_camera A presentación das actividades foi nos xardíns da Casa Museo Valle-Inclán.

A Asociación vilanovesa Féminas en Acción presentou, nos xardíns da Casa Museo Valle-Inclán, un pack de actividades culturais baixo o nome de 'Xornada Literaria e Poética' e que se desenvolverán o sábado 18. A partir das 18:00 horas comeza un obradoiro de escritura creativa a cargo da escritora Fátima Rey. Será na librería Espacio Lector Nobel, onde os participantes poderán aprender as bases para a creación dun texto literario e logo percorreran as rúas do casco vello vilanovés, poñendo en práctica as ferramentas para unha escrita orixinal e inspirada.

As 19:00 horas, no Bar A Cofradía, o escritor coruñés Jacinto Ruiz presentará a súa novela 'Tres días e medio' sobre mulleres loitadoras, nun mundo no cal a igualdade está lonxe de ser unha realidade. A dramatización da presentación correrá a cargo da actriz Fátima Rey.

O mesmo esceario acolle as 20:30 horas a actuación do grupo de baile da Asociación O Castro de Baión. Dende o mesmo Bar A Cofradía, as 21:00 horas, partirá a andaina poética 'Mulleres de sal', polas praias do Terrón. Dramatizacións poéticas a cargo do Grupo de Teatro Aturuxo e da compañía Tatana Teatro. Coa participación especial de Anya Rit (escritora), Queco Fresco, (poeta), Francisco Pérez Alonso (poeta e compositor) e Dula Piñeiro (poetisa).

Para rematar a xornada, as 22:00 horas e mentras escoitan a actuación de Dj Óscar no Anfiteatro do Terrón, os asistentes poderán disfrutar dun petisco elaborado pola Escola de Hostelería de Vilanova de Arousa (Pazo Vista Real) e das achegas de varios negocios locais para repoñar forzas logo das actividades, disfrutando dunha sesión musical a cargo de Dj Óscar.

Féminas en Acción nace no 2021 como un proxecto feminista cultural. As creadoras desta nova asociación vilanovesa, son un grupo de mariscadoras con inquedanzas poéticas e literarias que argallan poñer en marcha un novo vehículo para a difusión da igualdade a través da cultura e de actividades que visibilicen o papel da muller no terreo das artes.