A explosión dunha caldeira en Vilanova provoca un incendio que calcina un garaxe

A explosión calcinou por completo o garaxe sin lamentar feridos
O garaxe calcinado en Vilanova de Arousa. CRTVG
photo_camera O garaxe calcinado en Vilanova de Arousa. CRTVG

A explosión dunha caldeira situada no garaxe dunha vivenda na parroquia de Caralda, no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa, deixou calcinado o lugar de estacionamento do domicilio. 

Segundo trasladou o 112 Galicia, foi un particular quen sobre as 21.00 horas deste venres deu aviso á central de emerxencias para informar de que saía fume da caldeira situada no garaxe dun domicilio. Ademais, o alertante indicaba tamén que podería haber chamas. 

Con esta información, os operadores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ribadumia e de Vilagarcía, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Vilanova. 

Xa no punto, os servizos de extinción controlaron as chamas e confirmaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia que non había persoas feridas e que o lume orixinado pola explosión calcinou por completo o garaxe, do que conseguiron retirar un dos vehículos estacionados.