Contacontos pola igualdade en Vilanova

O Concello promove actividades para os máis pequenos enmarcadas no programa do 25-N
Actividad nun centro escolar de Vilanova co gallo do 25-N. DP
photo_camera Actividad nun centro escolar de Vilanova co gallo do 25-N. DP

Vilanova promove actividades entre os máis pequenos de cara a conmemoración do 25-N, Día da Non Violencia Contra a Muller. A Concelleira de servicios sociais que dirixe Ana Carballa, está a levar a cabo un contacontos dirixido a alumnado de Educación iIfantil nos 5 colexios do municipio.

"Trátase dun obradoiro no que traballamos a través do xogo e do conto claves e ferramentas para reflexionar co alumnado sobre o valor da igualdade, o respecto á diferenza e a resolución pacífica de conflictos, a liberdade, o compañeirismo, a autoestima, o empoderamemto, o gusto pola lectura, a libre expresión de emocións e as relacións afectivas, saludables e igualitarias", explican fontes municipais.


Unha axente de igualdade é a encargada de impartir as formacións. Ademais, repártese un díptico no que se presentamos a varias Mulleres pioneiras galegas pola igualdade de xénero a fin de contar brevemente a súa historia.